ESPERANZA E EXPECTATIVA

Afirma Lakoff no seu libro “Non penses nun elefante” que o cambio de marcos, estructuras que conforman modelos, é o cambio social. Polo que podemos concluir que a victoria de Hollande é o principio dun novo modelo que debera cimentarse sobre os principios da economía con rostro humano. Os presidentes que tiveron a mala fortuna de que a crise lle caera enriba xa perderon o cargo.

Rajoy non demostrou nunca nada extraordinario nas diversas xestións ministeriais que desempeñou. Non é locuaz nin brillante. Non é fiel á palabra dada nin aos compromisos anunciados. Nin é cercano nin próximo. Pero gañou. Con criterio para sacarnos desta? Semella que non. A súa xestión da crise é a das ocurrencias, descoordinacións ministeriais e dos recortes tras recortes. Consecuencia: temos o maior número de parados da historia e máis recortes anunciados. En Galicia Feijoo asubía e disimula mentras 25.000 dependentes xa valorados non cobran.

Gañou Hollande. E perdeu un modelo económico que non cabe no traxe no que o meteron á forza. Hollande dixo o que Rubalcaba lle espetou a Rajoy nas eleccións: austeridade si, pero non asfixia; cumplir os compromisos si, pero non a costa de afogar a todo un país; reducción da débeda si, pero flexibilidade nos prazos. Por iso a victoria de Hollande é grande. Representa non só o renacer da esquerda, senón tamén o retorno da esperanza, do freo radical a tanta entrega sumisa. Xa cambiou o marco, cambiará agora a sociedade?

ESPERANZA E EXPECTATIVA

Te puede interesar