Informe

|

A tasa de xóvenes entre 18 e 24 anos que como máximo completaron a educación secundaria e non continuaron con ningunha formación acadou en España un 19% no 2016. Ante esta realidade vense de publicar o informe “”Factores da exclusión educativa: mecanismos, perfís e espazos de intervención”.
Un documento inédito que recolle e sistematiza os factores de exclusión centrados no ámbito educativo.Alerta da ineficacia das medidas actuais focalizadas nun sector do alumnado e non en todo o sistema e revela que a exclusión educativa é un proceso acumulativo sen distribución homoxénea. 
Ademais, para revertir a tendencia propón: 1.- Incrementar a inversión educativa ata o 3,7% do PIB. 2.- Promover realmente a participación infantil e familiar. 3.- Deseñar un sistema flexible e diversificado;  e, 4.- Acompañar as transicións educativas. 
De obrigada lectura,reflexión e análise para un necesario cambio de modelo.  
 

Informe