TABÚ

Si a marzo de 2015 o goberno municipal permanece en silencio fronte a un novo proceso de reestruturación no Sector Naval, despois de producirse xa o desmantelamento da industria auxiliar, e de recorrentes anuncios sen concreción, é porque este tema supón un verdadeiro tabú na cidade. Que ninguén queira falar sobre por que os estaleiros da ría van cara a súa desaparición, senón é para demandar unidade fronte á “dereita”, ou para culpar a herdanza da “esquerda” é a proba de que a razón pola que o sector naval esmorece nesta cidade é un tema prohibido. Trinta anos despois, non creo que ninguén dubide que se os nosos estaleiros non producen, non é máis que por unha decisión do Estado, compartida por gobernos de España de “esquerda” e de “dereita”, e que o primeiro paso para mudar isto é sinxelo.  Só exixe que enfrontemos a realidade desde aquí e non desde Madrid, e que contemos cun goberno municipal que alce a voz fronte á apisoadora do Estado, despois, comezará o complicado.

 

TABÚ

Te puede interesar