CENTO DOCE MIL MILLÓNS

Números e máis números, pero aínda non se sabe a cantidade exacta que vai supoñer a saída da crise. Se estivésemos na peseta, como moeda oficial, o afundimento da economía do Reino non sería tan grave nestes momentos porque os sucesivos gobernos xa terían devaliado a divisa en máis dunha ocasión, agora que tampouco teríamos tanto aeroporto e tanta universidade e tanto quilómetro de autovía e tampouco estado de estar ben, que tal como chegou, marchou.

Non é nada malo recordar que a orixe da crise ven de EEUU e daquelas famosas hipotecas subprime que por aquí se coñeceron como “titulizacións”. O vocábulo non era máis que a forma de dicir que tiñan en entidades financeiras de expresar sen que ninguén soubese nada de que eran posuidoras de algo valorado nunha cantidade irreal ou de prezo libre, entendido este como “por pedir, que non quede”.

HHai un días deuse a cifra exacta do que nos vai custar a crise financeira. E non a anunciou o ministro De Guindos, ex empregado de Lehman Brothers, senón outra entidade que sabe bastante da crise económica que afecta á eurozona e mais a algún país aliado. Goldman Sachs, o que antes fora banco de investimento, rescatado polo goberno Obama e reconvertido en banca tradicional, anunciou que aos 54.000 millóns de euros necesarios para salvar o sistema financeiro español habería que sumar outros 58, que dá unha cantidade de 112.000 millóns de custo para o Estado. Isto sempre pensando que son números redondos, porque se se trata de un máis ou menos a cantidade de euros xa sería inimaxinable.

Esa cantidade anunciada polos estadounidenses para min é palabra sagrada, certa e dogma de fe. Se hai alguén que sabe da desfeita e Goldman Sachs, porque foi uns dos causantes e quen a fai, aínda que non a pague, sabe o importe exacto da súa actividade monetaria.

Se recordamos algúns dos recortes anunciados polo Goberno de Rajoy para aforrar, todos son diñeiro solto que non se aproximan nin de lonxe á cantidade necesaria para salvar o problema, que non é outro que a debilidade do sistema financeiro do Reino. Se aos orzamentos xerais para este ano, o ministro De Guindos anuncia a suba do IVE e máis taxas para encher o erario con 8.000 millóns en 2013, despois de recortar outros 10.000 millóns a maiores e fóra das contas xerais neste exercicio, até chegar aos 112.000 previstos por Goldman Sachs non nos queda nada que sufrir.

O problema non son os pensionistas nin a educación nin a sanidade, senón do sistema financeiro que está case na creba técnica. A este ritmo de recortes e aforro non son cribles as datas de recuperación anunciadas polos responsables da Economía do Reino. Son máis fiables as das axencias de cualificación que auguran como saída do desastre o 2016 como mínimo.

A final de contas, os números cadran cunha simple división que calquera alumno do ESO pode facer. Até dentro de tres anos non veremos a saída do túnel, polo camiño quedou unha década perdida entre azulexos e urbanizacións, sen máis investigación que a de buscar a ruta de fuxida de dúas xeracións perdidas polo mundo.

CENTO DOCE MIL MILLÓNS

Te puede interesar