DESPOIS DA DESFEITA

|

Hai uns días, Núñez Feijóo presentou in situ, o monte Gaiás, o proxecto Bosque de Galicia, unha supercicie dunhas 24 hectáreas, onde se van plantar diferentes especies autóctonas: bidueiros, espiños, castiñeiros, carballos, loureiros... Todo moi ben, mesmo perfecto, diría. Mais, chamoume moito a atención a mensaxe do presidente á sociedade galega: “Queremos preservar el territorio; sabemos que esa tarea es demasiado compleja porque es demasiado importante. Prueba de esa convicción, de que somos conscientes de que no fuimos capaces de superar esa asignatura, Galicia pretende ahora hacerlo”. Curioso, despois de que para Xunta –a gobernada por Feijóo incluída– nunca houbese problema cos eucaliptos: déronselle axudas ás plantacións e mesmo se deixou que invadiran espazos naturais protexidos. Populismo barato, porque quen non ten un cacho de terra –non é o meu caso– onde plantar eucaliptos e sacar un cartiño? Non houbo moito ruído, xa veremos se hai noces.

 

DESPOIS DA DESFEITA