Sergas acaba de ser condenado a indemnizar a un veciño de Narón pola morte da súa esposa, e xa non é o primeiro caso. Hai recentemente, tamén, a dunha parella por tardar dous anos en dar os resultados dun cribado neonatal.
É evidente que hai unha mala praxis asistencial, por moito que xudicialmente dígase que é “unha perda de oportunidade terapéutica”. Se todas e todos temos unha boa impresión da nosa sanidade pública e do esforzo do seu persoal, empezando polo Arquitecto Marcide. Entón, que pasa?
Este tipo de noticias contrastan cun persoal sanitario que dedica moitos esforzos para atender adecuadamente ás e aos pacientes, que están nunha formación e unha renovación continuas do seu compromiso sanitario. Fronte ao esforzos desta xente, están os recortes, a reducción de persoal e o recente peche de camas, cuestións que desbordan aínda máis as urxencias hospitalarias que vimos estes días.