VOCACIÓN

Eu defendo a vocación por riba de todo. Así o fago na miña vida e procuro impulsar na das miñas alumnas e alumnos. Na situación actual de difícil acceso ao mundo laboral e de recortes nas súas seguridades non é mala medida vital intentar buscar a felicidade. Sen dúbida o periodismo é unha desas profesións que se levan no sangue. Tamén é certo que poucas actividades sofren o azoute da crise, dos novos usos informativos ou mesmo dun intrusismo que en moitas ocasións degrada a súa esencia como esta que comentamos. Unha vez ao ano concédese na nosa cidade o premio que tan merecidamente leva o nome de Jose Couso. Sempre que pensamos na liberdade de prensa imaxinamos terribles males como os seus inimigos. Cousas simples e sinxelas tamén eliminan da nosa sociedade a pluralidade das visións que necesitamos. Á xente que aprecio sempre deséxolles poder vivir con dignidade facendo aquilo para o que senten que naceron

 

VOCACIÓN

Te puede interesar