Redeiras

 nos, verdadeiros e auténticos fillos do mar, sempre nos dixeron que os nosos pais eran homes de ferro en barcos de madeira. Era verdade, polo menos mentras duraba a marea.En terra, a realidade diaria tamén os oxidaba. Das nosas mais nunca nos dixeron nada. Non era necesario, estaban á nosa beira tecendo redes;de pesca e de vida. 
As súas mans curtidas e sabias deslizaban as agullas cheas de valor, arte e destreza combinando fios,cordas, entrallos, aparellos, boias e chumbadas para crear e para criar. Pano ó bico no inverno, pano á curra no verán, con actitude, compromiso, responsabilidade e esforzo, demostraron boa habilidade para compoñer a súa faceta creadora no ámbito laboral e educadora no familiar.
Os que mamamos o oficio temos clara a súa secular aportación social, económica, patrimonial e cultural á industria pesqueira,e sabemos que máis que medallas (moi merecidas) son precisos máis dereitos.

Redeiras

Te puede interesar