Empresarios e bipartidismo

A foto de Rajoy destes días atrás  recibindo os parabéns e os recados dos grandes empresarios revela ben para quen goberna e a quen obedece. Os señores da burbulla inmobiliaria, os banqueiros rescatados, os magos negros da factura da luz multiplicada e outros anuncian  que saímos da crise, confundindo o país traballador cos seus petos privadísimos. Eses  grandes empresarios son os grandes defraudadores fiscais, que apenas tributan entre o 1-4% dos cartos que non teñen escondidos nos paraísos fiscais e cos que financian en b ao PP, pagando o mantemento do bipartidismo (dous partidos que xesticulan e insultan para disfrazar a súa coincidencia nunha sóa política). Os señores dos cartos, que son os  donos de Rajoy e Núñez Feijóo, nos queren ben na casa resignados na abstención, ben nas urnas obedientes ao Pavlov mediático bipartidista. Non queren que aprendamos nas loitas que hai unha alternativa que defende os intereses da xente traballadora e dos pobos europeos. Haina, está a crecer e necesítate.

 

Empresarios e bipartidismo

Te puede interesar