Non se trata de non consumir

Desde fai uns anos, as maiores expertas en viroloxía, en ecoloxía entre outras disciplinas científicas, de organizacións como a OMS e a ONU, estaban a avisar da posibilidade de sufrir, un brote vírico proveniente do mundo animal, que afectara aos animais humanos a nível mundial. A destrución dos hábitats de milleiros e milleiros de especies, sobre todo, a base de deforestar os bosques primarios, está a constituír a primeira ameaza, para que os virus destes animais pasen aos seres humanos, incluso tamén a outras especies.

As nosas sociedades de consumo, necesitan producir produtos novos de consumo masivo, para ao seu funcionamento. Algo básico para a supervivencia do capitalismo. Mais a maioría das veces por non dicir todas, estes produtos no son pensados para ser sustentábeis medio-ambientalmente, quer na súa produción quer no seu refugallo. Produtos recentes que non teñen mais que unhas poucas décadas, xa son un problema medio ambiental de primeiro orden. O Gore-Tex, as cápsulas de café, por non falar dos plásticos, todos estes entre outros, os seus restos xa poden atoparse en calquera ecosistema do planeta; Desde o Ártico ata a cad ea montañosa do Himalaia.

É indubidábel que as grandes multinacionais, as compañías extractoras de recursos de todo tipo (minerais madedeiros), interésalles que nos como consumidoras, usemos no noso día a día, o usar e tirar como xeito de vida, algo para o que a maioría destes produtos xa veñen preparados. Isto esta a producir, que o planeta estea esgotándose, ademais de supor un problema medio ambiental múltiple (cambio climático- contaminación- desaparición de hábitats naturais).

Por todo isto, cómpre que sobre todo os concellos, que son os que teñen maior facilidade para conectar coas cidadás, promovan a cultura de reducir ou acabar co consumismo, xa que, non se trata de non consumir, senón de consumir menos, máis consumir con maior calidade. Ademais é fulcral, que os gobernos locais, promovan espazos e empresas, que teñan na recuperación e amaño das mercadorías que usamos no noso día a día, como un dos principais retos das políticas locais. É necesario tamén, que se favoreza o consumo de segunda mano, algo moi implantado noutros países do noso entorno máis desenvolvidos e desapareza da mentalidade da xente, que isto é proprio da beneficencia e algo para pobres.

En definitiva, a culpa dos problemas medioambientais que estamos a sufrir, son produto das opulentas sociedades de consumo dos países auto-denominados desenvolvidos, os cales, representan a un 20% da poboación mundial. Mais as graves consecuencias medioambientais destas sociedades, estanas e vanas a pagar, toda a humanidade e demais especies do planeta.“Haxámonos nunha situación na que, de modo constante, incentívasenos e predispónsenos a actuar de maneira egocéntrica e materialista.” Zigmunt Bauman (Sociólogo- Filósofo- Escritor).

Non se trata de non consumir

Te puede interesar