Sir Francis, xenio e figura

Se don Ramón María dera un paseo entre os vivintes, atoparía unha fonte inesgotable de inspiración para os seus esperpentos neste mundo de xardineiros e piratas.
Algúns buscan notoriedade, pasar á posteridade con toda a arrogancia coa que pasaron pola vida. Porte de tuno do La, La, La ao luar deturpador de María Pita, embutido nun uniforme de gala de Cabaleiro da Orde de Imperio Británico, coñecido por difundir a figura de John Moore e relegar á penumbra a bos e xenerosos do país. Facedor de paseos marítimos e levar ao máis alto orgullo á cidade que me veu nacer. 
Así será o retrato de Sir Francis no Concello e así o contemplará o xardineiro máis condecorado do reino, Fernández de Mesa, para comparar con mesura quen leva máis galóns para alén da posteridade.

Sir Francis, xenio e figura

Te puede interesar