Benestar

Dise que a pasada crise económica (pasada?), afectou ao chamado “estado de benestar”, aínda que non se saiba moi ben en que consiste ese teórico benestar. Hai quen o identifica co coche, o frigorífico, o televisor e o lava-vaixela, máis habería que pór na balanza os sacrificios, os esforzos e as horas de traballo, que lle son roubadas á vida familiar. Semella que o sistema capitalista pon o “estado do benestar” como cebo, ou como a cenoria que fai andar ao asno e así, sen nos dar de conta, atopámonos atrapados nunha rede de prazos, facturas, créditos e débedas, que trocan o estado de benestar nun estado de mal durmir, cando non da desesperación e da impotencia. Non é necesario sinalar as moitas vítimas das trapalladas financeiras para se decatar da falsidade dese prometido benestar, pois a todos nos tocan máis ou menos de preto, as dificultades deste outro estado que agora habería que chamar de “malestar”. Por iso moita prudencia, porque podería ser peor. Meigas 

Benestar

Te puede interesar