alde de Londres

Sadiq Khan é un inmigrante musulmán que foi elixido hai un par de meses alcalde de Londres co 44% dos votos, mentres o eu adversario, o conservador Goldsmith, logrou só o 35% dos mesmos. O proceso de integración dos inmigrantes en Europa víñase producindo á calada ata agora. Con todo, pode que sorprenda a non poucos que un musulmán chegase nada menos que a alcanzar a alcaldía de Londres. Sadiq Khan, fillo de un condutor de autobús e de unha costureira de orixe pakistaní, representa como candidato á alcaldía o perfil político contrario ao do seu rival político, o conservador Zac Goldsmith, fillo de un multimillonario xudeu e casado coa filla de outro multimillonario. E para máis inri hai que ter en conta que a alcaldía de Londres representa para os ingleses a xoia da Coroa, ademais de constituír o símbolo singularmente significativo dos que buscan suceder ao primeiro ministro. Segundo este resultado electoral, a sociedade londiniense semellaría estar soltando amarras e abríndose ao europeísmo. E así estaban as cousas ata que gañou o brexit. A pérfida Albión, como foi denominado o Reino Unido en algunha ocasión polo gran orador e arcebispo francés Bossuet, da a impresión de que agora esperta de un mal sono. A convocatoria de ese referendo foi un erro. Así o entenden xa moitos cidadáns que están arrepentidos. O alcalde de Londres é un mahometano, pero ao mesmo tempo tamén é unha autoridade. El é un inmigrante exemplar, o gobernador da capital que o elixiu por maioría. Os seres humanos somos quen de vencer o invencible. Levamos na alma o instinto migratorio dende que na noite dos tempos partimos de África á busca do que actualmente é Europa. E esta ansia de buscar, de un xeito ou de outro, non a perderemos nunca. Buscamos, sen saber moito como, un desenvolvemento que nos ofreza coñecementos e benestar. Porque o mundo é de todos e todos temos dereito a vivir nel sen estar sometidos a barreiras. Nesta masiva chegada de inmigrantes, vemos que moitos deles son refuxiados que buscan escapar dos países en guerra. Buscan salvar a propia vida e a da súa familia. Sadiq Khan, alcalde de Londres, criouse e estudou alcanzando unha licenciatura en dereito. É unha persoa con formación. El tivo fe en si mesmo e aproveitou os medios que tiña a súa disposición para situarse. Un obxectivo á acadar por todos no camiño do progreso e do benestar persoal e familiar. Tamén polos seus conxéneres

alde de Londres

Te puede interesar