Medio século de Armonía

Velaí como aquela rondallaradiofónica mudou en Coral Polifónicanas mans do músico ferrolá  JuanMalde  no ano 1964. Nunha primeira etapa as únicas voces  eran  exclusivamente masculinas, chegado o  1978 pasou a ser unha coral mixta. Acadou  numerosos premios e recoñecementos. O último, no ano 2009, a Sociedad Artística Ferrolana outorgoulles o premio “Gregorio Baudot” da música. Na actualidade, as súas 33 voces mixtas e o seu director, Miguel Brotóns, cincuenta anos despois da súa fundación, continúan empeñados en conservar e potenciar a música coral e tradicional ferrolá e galega. E seguen acariciando os nosos sentidos coa polifonía das súas voces. Compre, agora, nesta primavera preñada  de corcheas e semicorcheas brincando nas prazas e xardíns, na ramallada e tellados, que Ferrol recoñeza o traballo da Coral Polifónica Armonía. E o goberno municipal non debe ignorar esta cuestión.

 

Medio século de Armonía

Te puede interesar