TÚNEL OU TOBOGÁN

Oministro de economía, De Guindos comentaba hai uns días de “mitificar” as bondades da reforma laboral, pensando que “existe luz al final del túnel”. ¿Non había quedado en que esta reforma laboral aforraría un millón de parados? Se hai dous días dixeron que, a pesar da reforma laboral, vai haber 630.000 parados máis. ¿Como se come isto? Están a construír unha comedia esperpéntica e manipuladora divulgando por os medios audiovisuais e escritos afíns e por aqueles “mamporreiros” a soldo que dedícanse a vomitar trolas, insultando á intelixencia dos cidadáns.

De que as cousas estiveran mal hai tres meses, non se debe ocultar que hoxe están aínda peor e estarán máis. Tódalas medidas que está a tomar levan unha carga de trampas e non van a solucionar os problemas da maioría nin eliminarán os privilexios da banca, os estafadores e os grandes empresarios. Lonxe da miña intención defender ao Goberno saínte. Pero o que estamos vendo en tres meses é peor, é para aterrorizarse. A gozar do votado, haber se non empachamos de éxito.

¿Que está a facer este Goberno? Unha reforma laboral que case todos sabemos que non creará traballo. Recortes: baixa o poder adquisitivo, baixa o consumo, baixa a produción, aumenta o paro, aumenta o gasto público, aumenta o déficit, aumenta a débeda pública, impostos e finalmente despidos; semellante á pixota cando mórdese o rabo. Cando fala o señor ministro de que “existe luz al final del túnel”, o que pasa que esa luz está alumeada dun troleiro cun chisqueiro, e o túnel asemella ser un tobogán.

 

TÚNEL OU TOBOGÁN

Te puede interesar