EUROPA

Vivimos en Europa, non obstante ese termo parece indicarnos unha realidade moi afastada en moitos aspectos. Unha desas cuestións onde máis alleos nos sentimos é a que ten que ver coa vida política. Así parecen indicalo as distintas enquisas que sobre as próximas eleccións se veñen realizando. Por enriba de calquera posible variación hai un dato que permanece constante e ese é o da baixa participación que se espera. Non é unha novidade, a coñecida desafección que boa parte da poboación mantén sobre a realidade política maniféstase sempre con especial intensidade nas citas electorais europeas.
O certo é que no contexto no que nos atopamos boa parte das decisións que o poder toma sobre as nosas vidas se cociñan en Bruxelas, ben coñecemos na nosa bisbarra que isto é así. Necesitamos variar o equilibrio de poder e construír unha realidade onde os dereitos dos cidadáns recuperen o protagonismo que merecen.

 

EUROPA

Te puede interesar