Do que aporta dignidade

Hai semanas que compensan con creces os debates ridículos e sempre tramposos que evitan agrupar posicións en torno ao importante e prioritario. Son aquelas que con iniciativas sensatas, fan que medremos en valores e que brillen relucentes os termos humanidade e humano. Hai propostas que teñen voz propia e espazo para sempre. Grandes son os tempos que traen a superación de antigas demandas e grandes son tamén aquelas medidas que crean novos dereitos para a cidadanía. Non só fan sociedades máis libres, senón que aportan cargas suplementarias de dignidade e de xustiza. A nova Lei supón facer realidade unha vella loita de familias e persoas que sofren e que ven sufrir aos seus a cada día e a cada hora. Unha maioría amplísima no Congreso puxo de manifesto a concordancia da cidadanía, cunha maioría política que aposta por vivir con dignidade e por decidir morrer tamén dignamente. O Partido Socialista, cos seus socios de goberno, volven a estar a altura e volven a recuperar a senda da creación de dereitos que son fundamentais e básicos. Unha lei que non vai contra ninguén, nin obriga a ninguén, pero crea o marco legal necesario para protexer e acompañar aos que xa non teñen expectativa nin esperanza, tan só sufrimento. Houbo discurso en contra, coma sempre sucede. Para que que as tonalidades negras destaquen, teñen que existir as brancas. Uns falaban de vida, dignidade e dereitos. Outros falaban de morte, imposición e designios divinos. Non era posible acordar nada con tamañas argumentacións. Pero nesta oportunidade a ninguén lle importou. Aprobouse finalmente unha lei histórica: a Lei da Eutanasia, e con maioría sobrada. O demais xa non importa.

Contigo sempre podo sentir a eternidade -dixo El- con ese paso lento dunha marea ampla ou dun bosque de outono, ou dunha tarde. Contigo contén promesas de emocións e sentidos..

Do que aporta dignidade

Te puede interesar