Informarse

Entendo eu que o dereito a opinar está condicionado polo deber de informarse para poder falar ou escribir cun mínimo de rigor, a non ser que se queira facer alardes de demagoxia barata. En Ferrol hai varios problemas que se queren solucionar aportando alternativas que, por desgraza, son rexeitadas polos que ostentan o poder. 
Por exemplo, para Reganosa, non se pide o peche, senón o traslado a Caneliñas; no caso do tren ao porto exterior, existe a petición dun proxecto polo norte; o saneamento da ría sería moito máis eficaz, separando as augas limpas das sucias; e para o Naval existe a petición dun gran dique flotante para ser menos dependentes da construción militar. Si que hai alternativas, e todas apoiadas por razóns de seguridade, do ambiente e económicas. Outra cousa é que non se queiran aceptar por diversas razóns. Ou que haxa xente que non se quere “enterar”. Pásalles como a aqueles que lles cantaban hai anos: “No te quieres enterar, ¡Ye, Ye!” 

 

Informarse

Te puede interesar