Non á guerra

O presidente que goberna  o burato negro da tortura e a infamia que  é o campo de Guantánamo e mantén se cuestrados  a catro cidadáns cubanos ; o presidente que  armou hai pouco unha guerra civil en Libia; o presidente que mantén unhas oitocentas bases militares fóra do seu país; ese presidente nos convoca a organizar unha nova guerra, humanitaria iso si, contra o pobo sirio. Sen ollar as desfeitas do Afganistán ou Iraq, o golpe en Exipto ou o  Israel con armas nucleares,  que practica un xenocida  apartheid co pobo palestino; desbotando esas realidades tenta outra aventura imperialista.  Quere outra guerra aínda sen contar coas Nacións Unidas ou contra elas. A solución pasa por negociar un alto o fogo, por conquerir un progresivo desarme e por producir un escenario de paz onde decida o pobo sirio o seu futuro. Non por arrasar un pobo por medio do exército USA, que gasta máis da metade do desorbitado e criminal orzamento militar do planeta. NON Á GUERRA

 

Non á guerra

Te puede interesar