A carreiras a Madrid

Comeza a carreira electoral e hai quen non se encontra ben situado para o futuro, sobre todo cando algúns cargos institucionais deixan de selo para integrarse nas listas do Congreso por este ou outro partido. Así temos que Pilar Rojo, segunda autoridade da comunidade, vai deixar o cargo para irse á capital do reino. Isto debería ter algo de consecuencia, sobre todo porque a Cámara galega é onde están representados todos os galegos, cando menos na teoría. Só falta que haxa unha fuxida de alcaldes e conselleiros que pasen a formar parte do conglomerado de deputados e senadores ignotos que pupulan por Madrid. Con todo, Beiras quere quedar aquí, xa no está o home para tanta viaxe a San Xerome. Pero o caso é que parece que algo se move nas filas populares, que ultimamente hai moito axitamento no banco, como se dunha final se tratase.

A carreiras a Madrid

Te puede interesar