Revolta

Seica no último pleno do Concello produciuse unha rebelión contra do goberno municipal, por mor dun problema relacionado coa aportación económica para a Semana Santa ferrolá. Mais parece que o tema xa fora tratado entre o Concello e os representantes das Confrarías que segundo informaron os xornais, saíran satisfeitos das conversas. Xa que logo, a cuestión é o porqué desa rebelión e esa “trifulca”. Poderíamos supoñer que é o hispánico cabreo da dereita por verse desaloxada do poder; ou tamén, en vinganza dos moitos barullos que se lles teñen montado por parte da esquerda, cando eles gobernaban. Ámbalas dúas suposicións entran dentro da lóxica e son, por suposto, moi respectables. O triste da situación é que demóstrase que en Ferrol seguimos a estar divididos en dous bandos: os da parte dos que foron arrimados á parede e, os da parte dos que premeron os gatillos coa bendición da cúpula do clero. E esta pouco santa Semana Santa só é un pretexto. Que mágoa!     
 

Revolta

Te puede interesar