NAVAL EN FERROL

A campaña electoral que lle importa a xente traballadora, a que non se reduce a frases baleiras ou mentireiras; a campaña feita de loita e pedagoxía ten un fito clave na mobilización que convocan os comités de empresa de Navantia en defensa do traballo no naval público para este domingo 13 en Ferrol. O réximen bipartidista ten unha historia desacougante cos estaleiros públicos da nosa ría: as chamadas reconversións só foron desmantelamentos da nosa base produtiva e do emprego; e agora os gobernos do PP negan o dique flotante como minten sobre os vintetantos barcos que se construirían para México e dos que só chegaron dous. O desleixo da parella Núñez Feijóo-Rajoy  adía a negociación do plan industrial, deixa a Fene sen construír barcos nin  amplíar e renovar plantillas, e no entanto nas auxiliares se destruíron máis de dous mil postos de traballo directos e se tiran abaixo as condicións laborais pactadas. Falta carga de traballo nas gradas e sobra un goberno que é inimigo dos estaleiros públicos, ou sexa, da xente de Ferrolterra. 

NAVAL EN FERROL

Te puede interesar