Muller

Alguén desde o público comentou o pasado sábado nas xornadas feministas da Marcha Mundial das Mulleres Ferrolterra que non se pode perder o tempo xustificando unha posición que é tan necesaria. Seguramente teña razón a citada persoa pero en calquera caso paréceme conveniente recordar que na situación actual a loita pola igualdade de xénero, lonxe de camiñar no sentido correcto, retrocede moitos anos naquilo que tanto custa alcanzar. Os labores de coidados que a nosa sociedade concede tradicionalmente á muller dentro da familia sofren como poucos os recortes realizados en nome dunha economía que non entende de dereitos pisoteados. O paro, terrible no conxunto da poboación, cébase especialmente con elas, calquera avance no recoñecemento laboral de actividades realizadas no fogar esqueceuse completamente e a equiparación salarial é unha afastada utopía. Miren ao seu ao redor…, miren á súa familia.

 

Muller

Te puede interesar