Non damos aprendido

|

A non ser que andase moi apurado, cando andaba á procura de información sobre un tema concreto, sempre tiven o costume de recoller cousas que nada tiñan que ver con el, mais que chamaban a miña atención. E acumulei de todo, e xa non sei moi ben de que temas, nin onde se atopa.  O que acontece a miúdo é que bates co que non buscabas. Así, casual e curiosamente, hai uns días apareceume esta noticia de outubro de 1927, de insultante e triste actualidade: “Informaciones de la región. En el lugar de Fornelos, fué asesinada la joven Teresa Núñez Fernández, de 21 años, por su antiguo novio Jesús Dantas Rojas.”. O domingo último milleiros de persoas manifestáronse en Madrid contra a violencia de xénero. Máis dunha muller asasinada cada semana deste ano. E...? O presidente Feijoo, antonte mesmo no Parlamento, cambiou de tema cando tocaba falar dun indecente presunto delito de oferta de traballo -do paro, precisamente, quixo falar don Alberto- a cambio de sexo. Así, que digamos, non se axuda a parar as agresións.
 

Non damos aprendido