Perdas

|

Para dar cobertura ós servizos públicos de axuda no fogar cada vez máis concellos das tres comarcas recurren de forma parcial ou total á empresa privada. Unha opción que  provoca perdas de calidade laboral para as traballadoras e asistencial para as persoas usuarias.
As auxiliares de empresas perden dereitos laborais  respecto as súas compañeiras das entidades locais. Entre outros:  menores salarios e cotizacións, exclusión da formación pública e, nos casos máis  extremos, asumir a quilometraxe entre domicilios. A asistencia tamén se resinte cando algunha empresa está situada a máis de 100 km, non conta con local nin traballadora social na localidade para presentacións, revisións, reclamacións, imprevistos e manda os partes de traballo por teléfono. 
Unha decisión pola que están apostando gobernos de distinta ideoloxía ,incluidos os que antes na oposición eran grandes defensores do público. 

Perdas