Perigo

|

Nun artigo de opinión lin que o líder do PP, o señor Casado, fixera unas declaracións afirmando que “o perigo non era VOX, senón Podemos”. Coido que tal afirmación expresa exactamente o sentir do presidente “pepero”, a quen non parece importarlle que o partido “ultra”, ataque descaradamente varias das normas básicas da nosa Constitución, sempre que iso favoreza aos seus intereses. Non é para alporizarse, pois despois de chamarlle “golpista” ao xefe do Goberno e culpabilizalo xa, dos sucesos aínda non acaecidos na Autonomía Catalana, non se pode esperar dese señor un comportamento medianamente responsable. Coido que o normal sería, que lle aplicase ao Presidente español, o “mantra” aquel de :”Váiase señor Sánchez”, popularizado polo señor Aznar. Mais, podería ser que, a intención do novo “mandamáis” do PP sexa, superar en dureza e descaro ao seu antecesor, se cadra por temor ao rexurdimento do “aznarismo”. Quen sabe? Eu desde logo non o sei, pero... E vostedes?

Perigo