OLLOS QUE NON VEN...

 Háblame del mar marinero, desde mi ventana el mar no se ve…”Enténdese que o señor Feijóo non quere que llefalen do mar ou polo menos da construción naval.

A presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo, prohibiu para o pleno de hoxe o acceso de invitados á citada institución. Día que era xusto o escolleito por unha delegación dos sindicatos de Navantia para testemuñar coa súapresenza o drama do sector nanosa comarca. Isto, loxicamente, non é casual, o PP quere vendernos o seu“wonderland” particular pero acumúlanselle os colectivos agraviados ás portas de palacio e decidiron que de aí non pasan. Isto é moi grave e sinala a distancia do goberno con aquelesaos que está obrigado a dar solucións.

Tratar de silenciar o descontento é unha lamentable política, a táctica do avestruz pode ser útil na sabana pero non naria de Ferrol .

Ollos que non ven corazón que non sente.

 

OLLOS QUE NON VEN...

Te puede interesar