LAMENTABLE

Lembro que hai moitos anos, un prestixioso periodista falaba da necesidade de gobernar “coas dúas mans”, cando en España era a dereita a única recoñecida para mandar. Hoxe as cousas son dun xeito diferente, pois hai moitas e moi diferentes opcións e ideoloxías para conformar un goberno. Esa variedade política obriga a negociacións entre os diferentes protagonistas, cousa que semella beneficiosa para a democracia e para a cidadanía. Porén, estamos asistindo ao lamentable espectáculo do líder do PP, que lonxe de asumir o rexeitamento dunha grande maioría do electorado, segue a repetir como un disco raiado, a súa vitoria electoral e os seus sete millóns de votantes. Agora chega ao colmo de “reivindicar o seu dereito a gobernar, porque ese foi o mandato dos españois”. ¡Pobre home! E digo eu, non haberá ninguén no PP con sentido común, que lle faga entender que houbo dezasete millóns de cidadáns que lle dixeron nas urnas que non o queren gobernando? Non é patético?  

LAMENTABLE

Te puede interesar