Iniciativa en Ferrol Vello

Leo hoxe no xornal o da iniciativa destes rapaces que mercaron un edificio en Ferrol Vello e que están a realizar a súa rehabilitación para convertilo no seu fogar e no seu centro de traballo. Alguén dirá que, coma son arquitectos, non terán que preocuparse de pagar os custes do proxecto, pero isa non é a cuestión. O que están a amosar é que é a iniciativa privada a que ten na súa man a recuperación dun barrio ó que todas as administracións desta cidade deixaron morrer ano tras ano. Se a desidia non fora precisamente o que máis abonda por estes lares, tal cousa non tería explicación nen, por suposto, xustificación. Mais o que compete ás administracións non é só abri-la man para a rehabilitación das vivendas senón instar a moitos propietarios que teñen posibilidades de facelo sen maior problema a que fagan o que teñen que facer e artellar unha serie de medidas que permitan que esta ventá ó mundo –agora que tanto cruceiro abonda por aquí– non dea tan surrealista imaxe da nosa cidade. A iniciativa privada é a que tira, si; pero tamén hai que motivala...

Iniciativa en Ferrol Vello

Te puede interesar