Cegueira corrupta

Hai algúns deputados do PP que semellan estar cegos ao interese xeral cando de defender o carguiño se trata. Importa obedecer ao PP e non defender a xente que o necesita e ten razón. En febreiro, visitou Ferrol e as rías do Burgo e de Vigo unha comisión do Parlamento Europeo para coñecer o lamentable estado das rías e as súas posibles consecuencias para a saúde pública e mesmo para o seu aproveitamento sustentable. Seis meses leva o PP obstruíndo e tentando esconder no Parlamento Europeo, e coa connivencia da Xunta, a redacción final do informe sobre o estado das rías e das recomendacións de actuación porque non atura que se poña en cuestión o escándalo de corrupción de Reganosa, os metros de lodos tóxicos do Burgo ou os incumprimentos no saneamento das rías que acumula Núñez Feijóo. Non lles importa outra cousa que o seu peto e vaidade, a cidadanía molestámoslles. Hai que botalos espidos coas súas mentiras a ese mar que destrúen.

 

Cegueira corrupta

Te puede interesar