Afogar

eica os entendidos din que o “deus dos cartos”, o capitalismo, está a comezar unha nova etapa expansionista, rematando a crise económica, despois do feroz castigo aplicado ás clases traballadoras. É como se quixera deixar claro onde está o poder: “aquí mando eu”, diría e pecha a billa dos cartos. Mais se como di o señor Montoro, os mercados, é dicir, os que manexan a economía, non son gilipollas, saberán que o castigo non se pode manter indefinidamente, pois se non hai traballo e soldos decentes, non hai poder adquisitivo e, xa que logo, ninguén poderá mercar as cousas que as fábricas producen o que sería o suicidio do sistema, que tampouco pode funcionar só con robots, pois eses non mercan. Así, a táctica é ir mellorando a situación pouco a pouco, mais non polo acerto das medidas ditadas polos políticos, senón pola propia necesidade do sistema. Ou como vulgarmente se di, deus, ou sexa o capitalismo, “apreta” pero non afoga. E digo eu: Porque non lle convén, claro.
 

Afogar

Te puede interesar