Unha lei desastrosa

Onte houbo folga no sector estudantil para protestar contra a Lomce. Unha máis. Como sabemos, esta Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa foi aprobada a finais de 2013 cando o PP gobernaba con maioría absoluta parlamentaria. De feito só obtivo os votos favorables dos deputados dese partido. Daquela a hoxe as cousas cambiaron -certo que non tanto como deberían- cando o PP perdeu a maioría absoluta. Só faltaría. Hai ano e medio votouse a paralización da lei, que tamén foi aprobada por maioría absoluta. Mais, paralizouse de verdade? Entendo que non. Nos ríos revoltos que se foron sucedendo os pescadores do PP tiraron a súa ganancia: introducir ás caladas todo o que lles petou e máis. Con silencios cómplices? Ata sería posible, mais descoñezo a cuestión. O que si sei é que a subcomisión encargada da elaboración do chamado Pacto Educativo, isto é, presentar unha alternativa á LOMCE, está lastrada polas tácticas dilatorias do PP para evitar que os traballos non rematen na presente lexislatura, agardando mellores tempos que, polo ben dos nosos fillos ou netos, esperemos que non cheguen. Lean a lei e verán o que agacha.
 

Unha lei desastrosa

Te puede interesar