“A la calle que ya es hora”

Para Duarte, nos seus días
Poucos días atrás, os medios recollían as palabras do vicepresidente da Comisión Europea,Antonio Tajani, nas que cualificaba de éxito europeo o acordo asinado para continuar as obras do Canal de Panamá. Engadía que con este acordo Europa demostrou ser quen de ser a voz das empresas o que, segundo el, pon de manifesto que compre máis Europa política. Tratábase de dar  unha boa imaxe da UE. As declaracións deste comisario europeo do PPE (elixido por un goberno de Berlusconi) son unha mostra máis ó servizo de quen está a UE. Non está para defender as clases traballadoras, nin os afectados polas hipotecas, nin os desafiuzados, nin os preferentistas, nin os parados... Xentes dun ou doutro xeito ninguneados tanto polos gobernos do PP español como o do PP europeo, decidiron que a súa voz tiña que ser escoitada e decidiron facelo en Madrid organizando as Marchas da Dignidade que mañá percorrerán a xeografía española demandando pan, traballo e teito.

 

“A la calle que ya es hora”

Te puede interesar