Esperanza

Aquela idea que está a dar voltas na esquerda galega –soberanista ou non– de acadar un acordo que conflúa nunha candidatura nacional galega continúa ocupando un espazo importante na axenda política galega. A pesar das dificultades a esperanza envolve o noso imaxinario. Somos multitude os que lles esiximos aos líderes políticos que abandonen protagonismos e confrontacións estériles e que abran as portas á necesaria confluencia.Aqueles que, dun xeito ou outro, participaron desde postos de responsabilidade política no frustrado proceso de unidade na 1ª transición deben darlle unha oportunidade a ese clamor. 
Debería ser xa un exercicio inútil o lembrar a situación de emerxencia na que se atopa Galiza e os seus cidadáns. E velaí, precisamente, a necesidade de contarmos cun grupo parlamentar galego soberano  que sexa quen de defender os nosos intereses e de nos representar en todos aquelas mesas que ineludilbemente se van abrir.

Esperanza

Te puede interesar