E agora, na Galiza?

|

A ausencia de autocrítica entre os dirixentes de IU-Podemos na análise dos resultados electorais do 26-Xuño reflicte a rapidez coa que o novo se fai vello no teatro político actual.
Pois nada novo hai en culpabilizar aos cidadáns da perda de apoio electoral. Foi, esta, unha análise postelectoral recorrente desde o inicio da democracía. E na Galiza foron escasas – aínda que significativas– as voces que procuraron as razóns do debalo da maré nas erróneas decisións ( non apostar polo grupo parlamentar por medio do partido instrumental) , nas declaracións de cargos electos de En Marea negando o noso carácter nacional e nas que definían como cretinos a unha parte dos probabeis electores, alén da incoherencia dos cargos electos.
Están a tempo de corrixir se queren facer críbel a súa declaración de intencións de procurar a derrota do PP. No areal o debalo das lagarteiras deixa espidos os coídos.

E agora, na Galiza?