Soño

Soñar é unha das poucas cousas polas que aínda non pagamos impostos e, xa que logo, é unha actividade ao alcance de case todo o mundo. Sobre todo soñar esperto, que é algo que ninguén che pode impedir. Outra cousa é que se podan realizar os soños, pois iso só está ao alcance duns poucos. Soñando esperto coa miña cidade, eu imaxino a planta de gas trasladada fora da ría e funcionando en Caneliñas, a onde chegan barcos cargados con gas e barcos que utilizan o gas como combustible e que veñen a repostar. Barcos que son construídos e reparados nos estaleiros da ría, dando traballo a milleiros de profesionais do todas clases. Ría limpa de contaminación, producindo moreas de peixe e marisco, dando traballo a centos de homes e mulleres do mar. Xente que vive do seu traballo e que, cos seus ingresos, fomenta o crecemento do pequeno comercio. Comercio que serve de atracción a cidadáns da Comarca e de máis aló e que enchen as rúas da cidade... Mágoa que só sexa un soño, non si?
 

Soño

Te puede interesar