MÁIS UNHA VEZ: HIPÓCRITAS!

|

Sabía que 3 de cada 4 refuxiados sirios son mulleres e meniños? Que máis de 340 pícaros morreron afogados no Mediterráneo nos últimos seis meses? Que estamos ante a crise humanitaria máis grave dos últimos setenta anos? E que medidas toman aqueles que son directamente os responsábeis do que está acontecendo: un acordo sobre refuxiados entre Europa e Turquía que non respecta os dereitos humanos, probabelmente ilegal, e que agudiza a represión policial e militar contra aqueles que foxen da guerra. Afirman que é a única forma de acabar coa crise que eles mesmos provocaron, agachando que o Canadá acolleu a 25.000 sirios en só tres meses. E Europa, a Europa dos dereitos humanos, das conquistas sociais, esvaécese entre ás réplicas da(s) guerra(s) e o rexurdir dos fascismos. O vendaval abátese contra a cristaleira. Asubía. Estremece o souto e cobre de brancura o azul natural do Cantábrico.
 

MÁIS UNHA VEZ: HIPÓCRITAS!