Outono

LLogo das festas celebradas este fin de semana en Ferrol Vello e Canido, dous dos barrios máis tradicionais da nosa cidade, parece caer sobre nós o outono. Preséntase ademais especialmente duro e complicado tanto dentro como fóra da nosa contorna. É leste o periodo sinalado como límite e definitivo para o futuro da nosa industria naval e para varias das empresas que agonizan na comarca, Megasa, Gamesa, etc. Son necesarias solucións, está en xogo a nosa supervivencia. Mentres, nun estado en descomposición e que cada vez merece menos ese nome, xa que vai privatizando todos aqueles aspectos básicos que ten a obrigación de ofrecer aos seus cidadáns, atopámonos unha cidade, Madrid, lambéndose as feridas dunhas olimpiadas só de-sexadas por uns poucos. Fóra volven soar tambores de guerra…; hoxe ás 20.30 h. a Coordinadora Galega pola Paz convócanos na Praza de Armas a mostrar o noso rexeitamento. Imprescindible acudir.

 

Outono

Te puede interesar