galeguismo, un termo tan amplo como contestado, cómpre definir ben o que é en política e cómpre saber tamén quen ou que formación o representa. Era galeguismo o de Coalición Galega? Ou mellor, eran galeguistas os membros de Coalición Galega que se entregaron a o proxecto nacionalista español que representaba Fraga? É complicado definir sen excluír, mais é preciso na actual conxuntura.
Para min o galeguismo é un Proxecto de País, un proxecto nacionalista que busca o máximo esplendor de Galicia nas súas potencialidades como Nación, no marco dunha relación bilateral co Estado, un status que recoñeza a nosa historia, cultura e identidade. Raiando coa independencia pero sen esa necesidade, sabendo construír nun marco de recoñecemento mutuo, beneficiando o interese xeral dos galegos e galegas pero tamén do resto.
Pero o noso propio problema está na forma de facer política en Galicia, unha constelación de falsos profetas da Nación Galega e do galeguismo fan moi doado o mensaxe da dereita de Feijoo. Encomezando polo galeguismo do actual PSOE no que o seu candidato está todo o día desexando agradar a Ferráz e defendeu a singularidade de Galicia igualándoa a Estremadura, sen palabras, para tanto galeguismo.
Dende a explosión de Amio na parte máis independentista dos recoñecidos como galeguistas fíxose política cun ollo no BNG, para estar sistematicamente á contra das súas posicións sen importar o necesario para Galicia. Na parte máis socialdemócrata e social sempre pesou máis a ideoloxía que a necesidade de País e moitos como Máis Galiza foron fracasando e facendo frear a outras opcións. Outra parte de galeguistas apostaron pola moda do rupturismo e foron vítimas de si mesmos e da propia identidade galega. Tamén está o proxecto de CxG que se inspira no mellor do PNV pero adaptado a Galicia, no que estase a traballar na liña dos colaboradores internacionais, un paso é formar parte do Partido Demócrata Europeo e as boas relacións con PNV, PDeCAt e Coalición Canaria. Mesmo actuando en clave de país ao apoiar ao BNG para ter representación no Congreso, unha acción que pode trocar o panorama cara unha Unidade de Acción para Galicia, pero queda moito por facer.
O noso minifundismo tradicional afecta tamén á nosa política, semana tras semana dende o grupo de Villares faise un chamamento a o que el di “Concentración Parcelaria” moi significativo o termo, nas concentracións non perdes ferrados, clarexado. Pero porque non o fixo o 10-N? Dou fe de que puido igual que BNG e CxG o fixeron. Volven estar trabucados no espazo de En marea, o camiño non é unha negociación de cambio de cromos, iso á xente non lle gusta, canta moito querer manter sempre a cadeira.
Tamén se ven movementos de persoas, pero como dixo un amigo meu da Coruña “Sobre o debate galeguista: a alternativa ao que algúns cualifican demicroorganizacións non pode ser o microliderazgo de certos persoeiros” que acerto, Francisco Lago, subscribo. Típico dos egos e dos falsos profetas galeguistas, preto das eleccións galegas, monto catro reunións a ver que organización me ofrece un carguiño.
Para un cambio efectivo e real en Galicia, precisamos unha Unidade de Acción, pactando un Proxecto de País e unha acción política coordinada, porque estar nas mans dun PSOE frote tampouco é a mellor opción.