Delos laboral

Publica a CIG un informe anual sobre o mercado de traballo galego, o cal cada día se asemella máis a aquel que en Delos enchera de ouro infame aos mercaderes de escravos traficando con dez mil persoas ao día. Un tercio das persoas asalariadas son pobres (300.716): 177.314 persoas gañan menos de 1.900 euros/ano; e 123.402 persoas gañan un salario  de 6.800 euros anuais, que non lles chega para saír dese burato social da pobreza que tanta vida rouba. Outras case 131.000 persoas gañan un salario medio de case 11.400 euros, ben por baixo do mileurismo. A metade da clase traballadora galega vive con bastante menos de mil euros ao mes. Non me extendo máis nas cifras que se recollen no traballo. Aumentan as desigualdades e crece a precariedade: dos 877.927 contratos asinados en 2015, 813.088 son temporais, dos cales máis dun cuarto de millón foron de menos de unha semana. Que vida pode ter a xente traballadora cun mercado laboral de escravos? Que fortaleza pode ter unha recuperación económica sustentada na explotación sen taxa das persoas? 
 

Delos laboral

Te puede interesar