Never more

Deixounos no silencio / No momento máis íntimo / Entraba o Día das Letras Galegas / onde ela tiña un lugar reservado /despois de tanto amor á súa Terrra...
Escribía con paixón  da súa cidade / das súas xentes /da inxusta sociedade en que vivía
Quixo arranxar o mundo / e as súas leis
facer un paradiso / dun inverno confuso e insalvable / daquela sociedade conformista
e transformalo todo / nas mil e unha noites / da pura transparencia / esclarecida

**
E recollía enigmas / e soidades /nas páxinas alerta da memoria / diaria da cidade que amaba
E todos coñecían o seu hábito / de admirar  as  escuras golondrinas / no parque de Castrelos / no mirador da Guía / ou nas praias do Vao...
A súa voz  implacable / nos libros e en directo / poñía resonancias / nas fisuras do tempo
que un astro persoal afianzaba / en liñas de esperanza/ e de futuro...

***
A filla. a única gloria que tiña. / estaba lonxe / nunha distancia / que se resolve en bágoas
e o corazón de  entrambas. / nai e filla. / entraba  día a día / na infinita saudade do silencio
saudades que os poemas encubrían / en dramáticas sombras / e ausencias develadas...
Decidiu redactar un testamento / poético. unha lámpada  insomne. / un universo intenso. apaixoado. / libérrimo. / un verso roto pero acrisolado :

****
Ti sabes. miña filla: / que as nais nunca morren / nin se esquecen nunca / se deixan na terra algún fillo bo...
legaba o corazón á súa filla / entrambas desoladas / ambas feridas
nesa patria de Amor que permanece:
nunca máis añorar/ xa estou na Gloria / E tí es a miña Gloria / estamos xuntas
e nunca máis penar / nunca máis / nunca máis
Never more...

(*) Luz Pozo Garza dedica este poema a Chuchi e a Cristina con motivo do pasamento de María do Carmen
Kruckenberg

Never more

Te puede interesar