Senadores

Isto de ser senador debe ser un gran destino, como o de embaixador no Vaticano. Cada vez que toca designar ao representante autonómico sempre hai liortas. Quen sabe por qué? Os votantes nin sequera coñecen ao cabeza de lista e moito menos saberán quen exerce de senador. O seu balance de iniciativas sempre é escaso en comparación con outros políticos que dan o resultado da súa actividade, aínda que por veces, o mellor sería que estivesen calados. Así que a suposta cámara de representación territorial só serve para bloquear as iniciativas dun goberno en minoría, do resto falta por facer pedagoxía da súa actividade, que salta aos titulares cando vai o presidente a unha sesión de autocontrol. O PSdeG quere ter senador, paro hai candidatos de diferentes seccións. Outro novo caso de solución salomónica: metade da lexilatura para un, e o resto para o outro. E de aí ao retiro.

Senadores

Te puede interesar