As pintadas no teñen discriminación

Mira ti por onde, isto das pintadas, ou grafitis, que nesta cidade son tan comúns coma o sol e perduran nunha longa noite ata que o goberno de turno ten a ben limpalas, non son patrimonio único duns poucos. Máis ben quero dicir, daqueles que se poideran identificar con certa corrente de esquerdas. E é que chámame a atención que tamán haxa ilustres pintores de brocha gorda noutros sectores da nosa politizada sociedade, como o demostra o feito de que os paneis expostos polo Concello na praza de Armas para explicar ós cidadáns o proxecto de remodelación do lugar apareceran tamén cheos de pintadas contra a referida iniciativa. Polo que se pode ver, tanto montan uns como outros á hora de foder, por moito que, polo feito de que estas non afectan a un monumento, si o fan ó dereito de todos de ver o que se propón. De verdade non hai outras cousas nas que empregar o tempo?

As pintadas no teñen discriminación

Te puede interesar