Roga galega 28-A

|

Parece ser que polo de agora todos están contentos co seu traballo e a súa acción política na defensa de Galicia. Mais seguro que quen máis contentos están son o PSOE e o PP. Os presupostos do estado supoñían unha tallada do 20% para Galicia e querían vender que son moi sociais os socialistas e mareados pseudomadrileños. O BNG apoia a súa estratexia de tentar de recuperar espazo facendo valer tempos pasados que nin son os mesmos de agora nin foron para tanto, son tan boas as bondades acadadas que intenta vender Ana Pontón que case non tería que ter Galicia problemas. A realidade é ben distinta, sabémolo todos.
Dende CxG deuse un paso valente e non sen sacrifico, pero cómpre antepoñer Galicia ós intereses partidarios, na actual configuración de forzas se somos sensatos é precisa unha roga de partidos galegos, soamente galegos para ter un peso especifico na próxima lexislatura, a da presenza da dereita reaccionaria na carreira de San Xerónimo. Unha lexislatura na que as tensións territoriais serán moitas e na que a forza centralizadora multiplicarase. 
O pobo galego é un pobo de roga, de axuda entre veciños, así o acredita a nosa tradición. É entón o preciso entendemento entre as forzas galegas, que teñan centro de decisión non País, agora non valen os confederais, que atenderon a posición de voto marcada en Madrid, neste senso parabéns á integridade e decisión de Alexandra Fernández.  Non vale o conto de que ven o lobo, ese lobo vai vir igual é non por culpa de actuar dignamente con Galicia, uns orzamentos malos, máis culpa ten o PSOE e Podemos.
Non debería ser difícil traballar nese senso, pero temo que non vai existir a suficiente xenerosidade, en aqueles que a teñan que ter, mal camiño. Esta é a mellor ocasión de facer política xa que o previsible retroceso non vai ser aproveitado por forzas galegas, ollo non todo é calculadora. Cada quen vai ser responsable, tampouco e momento de “abrir portas” non é a solución pensar ser mellor que o resto, ou peor, están pechadas para ter necesidade de abrilas? Poñer en común o que une é o preciso, traballar e ser leais ó pactado é o camiño, espero que o queiran moitos.
Pódese facer unha coalición estratéxica e clara para estar no momento preciso, iso pedimos dende CxG e non temos porque pensar na municipais ou europeas, e fácil de entender, son xestións distintas e son competencias distintas. Que non vos enganen non facer a roga é puro egoísmo partidista. Imos ver si Galicia é o que importa. 

 

Roga galega 28-A