DEFENSORES

Arranca o goberno local do PP co enésimo remate da Praza de España. Nova inauguración que vai custar preto dun millón de euros. Fai uns meses xa presentamos desde Esquerda Unida unha moción ao pleno do Concello para que dita partida fose destinada ao arranxo dos pisos prometidos, fai xa demasiado tempo, a moitas das familias ferrolás que están pasando por dificultades extremas.
Esta carreira de obstáculos está resultando francamente desesperante para os implicados. Esperanzas que se ven atrapadas entre prazos incumpridos sistemáticamente e escusas burocráticas de “defensores” que teñen que ir moito máis lonxe na protección da cidadanía. Señor alcalde, ten vd. a obrigación de cumprir con aqueles compromisos públicos que asumiu. Ten ademais que facelo con rapidez e eficacia. Non se necesitan novos heroes, simplemente transparencia e xestión dun proceso fundamental para moitos veciños.

 

DEFENSORES

Te puede interesar