De bromas e bromistas

HIGai moitas maneiras de medir o humor. Incluso de clasificar o que son e o que non son bromas. Posiblemente algúns non entendan que aquelo que denigra, humilla ou degrada a outra persoa non é humor, non é broma, é abuso, humillación ou despezo por posición de dominio, ou de poder, para ridiculizar, menospreciar ou para sacar vantaxe dalgunha situación. 

Non é unha broma aquelo que non é entendido e compartido coma tal por agresor e agredido. Non é broma o que causa males físicos ou psíquicos e non é broma aquelo que se comete contra aquelxs que non poden decidir libremente se queren participar ou non desas accións orquestadas polos veteranos nos colexios maiores. 

Non é de recibo que sigan permitíndose brutalidades absurdas despois de tantas denuncias e tantos excesos. Non é ningunha broma que o empresario Manuel Múñoz arrinconara e simulara besar na boca á política andaluza Teresa Rodríguez. Non ten ningunha gracia que un comandante do Exército permitirá os comentarios machistas sobre unha oficial por parte doutro oficial do mesmo rango, a quen nin recriminou nin arrestou, moi ao contrario, disfrutou enormemente coas ofensas. 

E noutra orde de cousas, están tamén as propostas chistosas. Aquelas decisións que se toman para intentar fixar posición e manexar o relato ante a cidadanía. Nesta categoría encaixa o de gobernar a prazos, esa orixinalidade que propón Iglesias de estar un rato xuntos e outro separados. Ou a proposta, inconstitucional, de Iglesias de pedirlle ao rei que interveña e faga o que, constitucionalmente, non pode facer. Pasa cando unha foto vale máis que mil acordos.

Non teremos vida suficiente –dixo El– para apagar as palabras que sentimos. Baleiramos os caixóns, pero quedan as cousas con nome e con historia… sempre é pouco, un soño desvelado acaso, ou camiñar contigo, sempre...

De bromas e bromistas

Te puede interesar