U-la carga de traballo?

Coa trompetería mediática á que nos ten acostumados, o presidente Feijóo anunciou en 2012 a construción nos estaleiros galegos de dous quimiqueiros. A seguir, catorce remolcadores, e despois, dous floteis.
O dos quimiqueiros tivo pouco percorrido xa que en semanas foron encarregados a estaleiros coreanos. Dos remolcadores nunca máis se soubo. E o anunciado contrato firme dos floteis resultou ser, nunha reviravolta noxenta,  unha participación no concurso internacional da petroleira mexicana PEMEX. Mentres tanto o naval esmorece entre as promesas incumpridas de Feijóo.
Velaí o cartaz pendurado nuha áncora á entrada de Navantia que informa de que xa son 2.315 os despedidos no sector naval nos últimos meses. Con todo, non falta  en Ferrol algunha señoría, conversa, que saca peito coas políticas do PP. É merecente de se lle aplicar o dito “Se o sabio critica, malo! Se o necio aplaude, peor!”.

 

U-la carga de traballo?

Te puede interesar