Declaracións

Coido que as declaracións dalgunhas personalidades, deberían ser analizadas e matizadas, para unha mellor comprensión por parte das xentes do común, que son a parte maioritaria da sociedade. Por exemplo, dixo dona “Cospe”, que: “a los de izquierdas les gusta muy poco la libertad”. Paréceme que, en primeiro lugar, habería que definir quen son “os das esquerdas”. Serán os que defraudan á Facenda? Serán os que teñen contas en Suiza? Supoño que a eses gustaralles moito a liberdade (a súa); xa que logo eses non son os das esquerdas a quen se refire a “diferida”. Serán de esquerdas os que non teñen traballo, nin pan que lles dar aos fillos, nin teito onde acubillalos? Desde logo, a eses pouco pode gustarlles a liberdade, porque non saberían que facer con ela. Deduzo pois que eses son “os de esquerdas” a quen dona “Cospe” se refire. Pero esa é unha suposición miña, o que non quere dicir que sexa verdade. Por iso penso eu que é necesaria unha aclaración. Non si?

Declaracións

Te puede interesar