Adolfo Suárez

É normal que despois do pasamento do Presidente, se produzan diferentes opinións sobre a súa personalidade e circunstancias. Mais paréceme desprezable querer sacar proveito político apropiándose da súa figura, dicindo que foi vilipendiado polos socialistas, pero calando que foi traizoado pola dereita. Eu coido que o que o presidente demostrou foi que non existe aínda posibilidade de reconciliación, porque uns gobernan e os outros se limitan a agardar, non o turno da vinganza, senón a recuperación dos cadáveres das cunetas; porque a vinganza segue a estar nas mentes dos que se chaman vencedores para esmagar aos vencidos; e porque sigue vixente a “profecía machadiana”, só que agora, ao “españolito” que chega ao mundo, ademais de xearlle o corazón, róubanlle o futuro. Pode que deixara aberto o camiño, pero é tan longo… Quizais o convencemento da inutilidade do seu sacrificio fixo que a súa mente se pechara para aforrarlle o sufrimento. Descanse en paz.

 

Adolfo Suárez

Te puede interesar