Maxia

Coido que debe haber algo máxico no rechouchío dos eixos dos carros e carretas, pois que os poetas e cantores amosan tanto agarimo por esa especial música. Coido que ven de moi antigo o canto aquel de, “se queres que o carro cante, móllalle o eixo no río...”, que xa anunciaba o desexo de escoitar o peculiar son. No fermoso poema “o carro”, de Manuel María, o carro canta porque xa non canta a xente; e di que, non hai canto máis fermoso, aínda que ás veces é saudoso. Mais non é só dos galegos a querenza desa máxica música, pois tamén alén dos mares existe esa preferencia musical, expresada por Atahualpa Yupanqui no seu poema de “los ejes de mi carreta”, eixos que non se engraxaban, para que co seu son espantasen o silencio, do mesmo xeito que o carro chairego espantaba a señardade. Canta ledo o carro baleiro cando vai buscar o froito da xenerosa terra; e ledo canta tamén, cando ven de volta cargado. Bendita maxia para manter a esperanza de que o pobo volva a cantar. Que así sexa.  

Maxia

Te puede interesar